A Xunta asistirá á feira BTL-Lisboa para promocionar as excelencias do destino turístico galego

Turismo de Galicia participa dende mañá ata o domingo na Bolsa de Turismo de Lisboa xunto a representantes do Clúster de Turismo

Esta Feira Internacional é o punto de encontro dos profesionais vinculados á zona turística e ámbito de aplicación das últimas tendencias neste mercado

O mercado turístico portugués constátase como o un dos máis importantes para a nosa comunidade

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2023

A Xunta de Galicia participa dende mañá ata o domingo, 5 de marzo, na Bolsa de Turismo de Lisboa 2023, unha das feiras turísticas máis importantes realizadas en territorio luso e que congregou na última edición a máis de 45.000 visitantes.

A través da participación neste tipo de feiras, o Goberno galego achega información sobre os recursos e produtos turísticos cos que conta a comunidade, con especial mención ao Plan Territorial de Enogastronomía de Galicia. Mediante este Plan estase a impulsar a posta en valor dos territorios vitivinícolas, a mellora da comercialización e da promoción de novos produtos turísticos vinculados á enogastronomía galega,  destacando o seu valor como reclamo turístico.

O turismo tivo un desenvolvemento exponencial nos anos últimos na nosa Comunidade, aumentando o seu peso na nosa economía. Cada vez son máis os estranxeiros que nos visitan e o nivel de esixencia e calidade da oferta aumenta.

Calidade e sustentabilidade son dúas marcas indisociables na oferta turística galega e xogarán un papel central na cualificación dos operadores e na mellora do nivel de percepción do sector nos mercados nacionais e internacionais, con especial peso do mercado luso, do que o ano pasado máis de 650.000 persoas visitaron a nosa comunidade.

BTL-A Feira Internacional de Turismo é o punto de encontro dos profesionais vinculados á zona turística e ámbito de aplicación das últimas tendencias neste mercado. As axencias de viaxes, operadores de turismo, oficinas de promoción turística en varios países, o turismo gastronómico e produtos de viaxes de negocios e servizos en xeral, reúnense en BTL para presentar a súa oferta ao mercado e ao público en xeral.

Data de actualización: 28/02/2023