A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade e o conselleiro de Sanidade participaron na XL Festa da Filloa de Lestedo

Boqueixón (A Coruña), 26 de febreiro de 2023

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto co conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, participou hoxe en Boqueixón na XL festa da filloa de Lestedo, recoñecida como Festa de Interese Turístico e na que se combina gastronomía e entroido.

Nos actos de celebración e degustación organizados polo Concello participou tamén o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/02/2023