O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, asistiu hoxe á primeira representación desta peza que tivo lugar no Salón Teatro

A Xunta asiste á estrea da obra de teatro ‘Soños’, sobre nenos e adolescentes que están no sistema de protección de menores

O Goberno galego destaca a importancia destas iniciativas para dar visibilidade á situación destas mozas e mozos e para rematar coa súa estigmatización

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2023.-

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, asistiu hoxe á estrea de ‘Soños’, a primeira obra de teatro creada para acabar coa estigma dos nenos e adolescentes que están no sistema autonómico de protección. O Salón Teatro acolleu a posta de largo desta peza que ten detrás a iniciativa de Igaxes e das produtoras Artefeito e Culturactiva.

 

Jacobo Rey puxo en valor a importancia que teñen este tipo de iniciativas para que a sociedade en xeral tome conciencia da situación destes menores e eliminar os prexuízos sobre eles que aínda persisten. Estes estigmas, indicou o director xeral, son inxustos e supoñen un hándicap para o pleno desenvolvemento destas mozas e mozos.

 

‘Soños’ está escrita por Fernando Epelde e dirixida por Tamara Canosa. Os seus actores son Anxo Outumuro e Sara Ferro, que dan vida a dous rapaces que residen nunha vivenda tutelada.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 24/02/2023