A Xunta apoia a carreira Xacorun, que prevé reunir o domingo a máis de 240 participantes na meta en Portomarín

Lugo, 24 de febreiro de 2023 A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu hoxe a presentación da carreira Xacorun, que organiza o Club Pretorianos e conta co apoio do Goberno galego. No acto participaron o delegado territorial, Javier Arias, e Thor López e Alberto Piñeiro en representación da asociación organizadora.

Hai xa máis de 240 inscritos na proba, que se celebrará o vindeiro domingo, día 26, e ofrece dúas modalidades: A primeira sae de Sarria ás 9:30 horas e percorre 23 quilómetros, e a segunda parte de Mirallos (Paradela) ás 10:30 horas. Ambas seguirán o Camiño de Santiago para chegar a Portomarín.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 24/02/2023