A Policía Autonómica e Axentes Ambientais da Consellería do Medio Rural esclarecen un incendio forestal no concello coruñés de Val do Dubra

O lume afectou 1.500 metros cadrados de superficie arborada e foi provocado por un escape dunha queima sen as debidas medidas de seguridade

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2023

Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Policía Autonómica en Santiago de Compostela, en colaboración con axentes ambientais do distrito forestal III Santiago-Meseta Interior e axentes da Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) da Consellería do Medio Rural, veñen de esclarecer un incendio forestal rexistrado o pasado 14 de febreiro no concello coruñés de Val do Dubra. O lume afectou 1.500 metros cadrados de superficie arborada.

 

A investigación puxo de manifesto que se tratou dun incendio provocado por un escape dunha queima sen as debidas medidas de seguridade por parte da persoa que a estaba a realizar e que contaba cunha comunicación para a queima de restos agrícolas amoreados.

 

A Policía Autonómica remitiu as dilixencias por estes feitos ao Xulgado de Instrución en funcións de Garda de Ordes.

 

Tratase da segunda persoa investigada pola Policía Autonómica na actual campaña como presunta autora de incendios forestais.

Data de actualización: 24/02/2023