O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participou hoxe no acto de inauguración das novas dependencias

A Xunta asiste á apertura da nova sede do Centro de Orientación Familiar Diocesano de Lugo

Este servizo, que leva dez anos en funcionamento, trasládase ao centro Santa María Josefa

Lugo, 23 de febreiro de 2023 O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, asistiu hoxe á inauguración da nova sede do Centro de Orientación Familiar (COF) Diocesano de Lugo. As novas instalacións están situadas no centro Santa María Josefa, na ronda da muralla.

 

Este servizo, que agora estrea novas dependencias, leva 10 anos funcionando como espazo terapéutico e de intervención interdisciplinar para as familias. Tamén realiza un traballo de prevención e formación para mozos, pais e persoas maiores.

 
O vindeiro sábado, día 25, o COF acollerá unha xornada de conferencias centrada na familia na que participarán, entre outros, Mónica González Soriano, psicóloga do Centro de Acompañamento Integral á Familia da Universidade Francisco de Victoria; Carlos Chiclana, médico especialista en psiquiatría e Martiño Rodríguez González, presidente da Asociación Española para a Investigación e o Desenvolvemento da terapia familiar.

Data de actualización: 23/02/2023