A Xunta colabora con Cofer na elaboración do informe socioeconómico das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal

Ferrol, 22 de febreiro de 2023 A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou esta mañá na presentación do Informe socioeconómico das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, elaborado pola confederación de empresarios Cofer e que conta coa colaboración económica da Xunta a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

Aneiros puxo en valor o traballo realizado que permite “achegar información o máis actual posible sobre o tecido empresarial da zona a través da análise da estrutura empresarial da comarca e da situación do emprego, taxas de paro, ocupación, afiliación e tipos de contratos predominantes”. Ademais o estudo contemplou a conceptualización da demografía empresarial, o estudo da evolución da situación macroeconómica con análise do PIB per cápita e o número de empresas dedicadas a actividades innovadoras e elaboración de patentes e modelos de utilidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 22/02/2023