A Xunta destaca o traballo realizado polos guías turísticos profesionais para visibilizar a oferta turística da comunidade

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe nunha visita guiada organizada pola Asociación Profesional en Santiago de Compostela con motivo do día Internacional do Guía de Turismo

Santiago de Compostela,  21 de febreiro de 2023

A directora de Turismo, Nava Castro, participou hoxe nunha visita guiada organizada pola Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia con motivo do día mundial do Guía de Turismo que se conmemora hoxe.

 

Durante a súa intervención, Nava Castro incidiu no apoio do Goberno galego aos guías profesionais, aos que agradeceu a súa contribución para facer de Galicia un destino máis competitivo e visible. Neste senso, agradeceu a aposta levada a cabo para que neste 2023 dende APIT-Galicia teñan como prioridade o turismo respectuoso e sostible, ofertando a maioría das nosas actividades centradas en amosar a necesidade de respectar o noso patrimonio, a nosa contorna e aos seus habitantes para facer de Galicia un referente no turismo sostible.

 

“Os guías turísticos convertédesvos nuns dos mellores embaixadores da nosa terra. Achegades o idioma, as tradicións e incluso os sabores a aquelas persoas que se achegan a visitarnos. Por elo, considero que sodes unha das pezas máis valiosas para a nosa oferta turística” finalizou Nava Castro.

Data de actualización: 21/02/2023