Extinguido un incendio forestal na parroquia de Requiás (Muíños), que afectou o Parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés

Segundo as últimas medicións, o lume afectou 0,03 hectáreas de monte raso

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2023

A Consellería do Medio Rural informa de que un incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, quedou extinguido ás 22,17 horas de onte.

O lume orixinouse ás 21,10 horas de onte e segundo as últimas medicións afectou a 0,03 hectáreas de monte raso do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. En total, mobilizáronse para o seu control un 1 axente, 1 brigada e 1 motobomba.
 
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Data de actualización: 21/02/2023