O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, e alcalde do concello lucense, José Manuel Arias, visitaron hoxe a unidade móbil do programa

A Xunta ofrece coidados sociosanitarios gratuítos aos veciños de máis idade de Bóveda

As consultas en podoloxía, estimulación da memoria e audioloxía están dirixidas a persoas maiores de 55 anos

Os interesados teñen que pedir cita previa a través dos números de teléfono 622 748 283 ou 623 546 992 ou do enderezo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal

Bóveda (Lugo), 20 de febreiro de 2023

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou hoxe a unidade móbil do programa Coidados porta a porta ao seu paso polo concello lucense de Bóveda. Acompañado do alcalde da localidade, José Manuel Arias, sinalou que este servizo de proximidade permite levar atención gratuíta en podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria ao carón das casas das persoas maiores.

 

Antón Acevedo destacou o éxito que ten esta iniciativa, que permitiu que, ata o momento, arredor de 31.000 galegos de máis de 55 anos de idade recibiran esta atención e sen necesidade de desprazarse lonxe do lugar onde residen. As persoas interesadas só teñen que pedir cita previa nos números de teléfono 622 748 283 ou 623 546 922, ou ben no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xuntal.gal.

 

Esta é a segunda parada que o autobús de Coidados porta a porta fai en Bóveda. Na primeira, que tivo lugar a finais de setembro de 2022, un total de 62 veciños recibiron coidados sociosanitarios. O programa regresará por terceira vez a esta localidade en setembro deste ano.

 

Atención de proximidade

O director xeral sinalou que o Executivo autonómico ofrecerá cada vez máis servizos ao carón dos lugares onde viven os maiores, porque iso é o que prefiren cando se lles pregunta onde queren ser atendidos. Neste sentido, referiuse ao reforzo de programas como o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e a Teleasistencia, así como a creación dun centenar de casas do maior.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/02/2023