Controlado o incendio forestal rexistrado no concello ourensán da Gudiña, parroquia de Barxa

Segundo as últimas medicións, o lume afecta unha superficie provisional de 24 hectáreas

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2023.-

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal do concello ourensán da Gudiña, parroquia de Barxa, quedou controlado ás 12,52 h. de hoxe.

 

O lume iniciouse ás 18,52 h. de onte. Segundo as últimas medicións, afecta unha superficie provisional de 24 hectáreas. Polo de agora, mobilizáronse para o seu control 3 axentes, 7 brigadas, 4 motobombas e 1 helicóptero.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Data de actualización: 20/02/2023