Os taxistas vigueses reciben de mans de Fernández-Tapias o premio que recoñece a súa contribución ao éxito do Xacobeo 2021-2022
2023-02-18
/documents/35297/40522/20220218PremioTaxistasVigoXacobeo.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Vigo, 18 de febreiro de 2023
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, foi a encargada de entregar onte, no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, o premio que recoñece a contribución dos taxistas vigueses ao éxito do Xacobeo 2021-2022.
Emilio Mosquera, presidente da Asociación de Autopatronos do Taxi e da Cooperativa Central Radio Taxi Vigo, foi o encargado de recoller o galardón en nome dos profesionais do transporte no acto de presentación do Balance do Xacobeo 2021-2022.
Cómpre lembrar que durante o pasado ano circularon na cidade 220 coches rotulados co emblema do Ano Santo froito da alianza entre a Xunta e os colectivos de taxistas vigueses.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 18/02/2023