Trenor anima os alcaldes de concellos de menos de 10.000 habitantes a solicitar as axudas de infraestruturas turísticas de 3 M€

O delegado da Xunta destacou a aposta da Xunta polo turismo rural durante unha visita as obras de mellora do acceso ao miradoiro de Picoto de Arnexo que foi obxecto destas axudas o ano pasado


O DOG publicou esta semana nova convocatoria desta orde para este ano dotada con 3 millóns de euros, triplicando o orzamento con respecto ao ano pasado
 

Val do Dubra (A Coruña), 18 de febreiro de 2023

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou hoxe o concello de Val Dubra, acompañado polo seu alcalde, José Manuel Varela, para comprobar in situ as obras realizadas ao abeiro da orde de axudas infraestruturas para concellos de menos de 10.000 mil habitantes, grazas ao cal o concello se beneficiou dunha subvención de 30.000 euros, mediante a cal realizaron obras de mellor do acceso ao miradoiro de Picoto de Arnexo. O representante do Goberno autonómico animou a todos os alcaldes a solicitar a nova convocatoria para este ano que se abriu esta semana e que contará con 3 millóns de euros, triplicando o orzamento con respecto ao ano pasado.

 

Trenor lembrou que ao abeiro desta orde o ano pasado realizaronse obras no Concello de Dumbría de mellora da accesibilidade na pasarela da fervenza do Ézaro; no concello de Corcubión, de embelecemento na rúa Salvador Allende; no concello de Tordoia de recuperación do sendeiro de acceso á igrexa Anxeriz e o xeoposicionamento das rutas de sendeirismo; e a realizada no Concello de Val do Dubra. En total estes catro concellos das comarcas de Costa da Morte e Santiago recibiron máis de 119.000 euros para estas actuacións.

As axudas teñen como finalidade fomentar a recuperación, a accesibilidade e a sinalización dos recursos turísticos en concellos para a consolidación da oferta turística nas zonas rurais a través da posta en valor da súa riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística.

Durante a súa intervención, Gonzalo Trenor puxo en valor a importancia da realización deste tipo de actuacións para poñer en valor a beleza do turismo rural na nosa Comunidade, apostando así por unha oferta turística de calidade, sen masificacións e con paisaxes salvaxes.

Neste senso, o delegado da Xunta destacou o potencial do turismo rural para estimular o crecemento da economía local. “Creemos firmemente que gracias ao turismo rural impulsamos a estas zonas a loitar contra a despoboación, a xerar riqueza e, por suposto, a manter as tradicións e a cultura gracias a cal seguimos visibilizando os produtos endóxenos da nosa terra, algo que nos permite chegar a todos os recunchos do mundo”.

Nova convocatoria de axudas turísticas

O DOG publicou esta semana unha nova convocatoria desta orde para este ano, para que os concellos de menos de 10.000 habitantes poidan solicitar as axudas e poder levar a cabo actuacións de mellora das infraestruturas turísticas.

Poderán ser obxecto das axudas as actuacións de embelecemento dos accesos aos recursos turísticos que poderán incluír a recuperación e tratamento paisaxístico do contorno, a iluminación, a recuperación e creación de miradoiros paisaxísticos, sendeiros, rutas ou outros elementos de interese turístico, así como a adecuación de espazos destinados ao estacionamento de vehículos dos visitantes.

Tamén poderán ser subvencionables, as actuacións de embelecemento dos bens declarados de interese cultural ou cun procedemento de declaración xa iniciado, así como as que afecten o seu contorno de protección, a rehabilitación ou restauración para a súa dedicación a usos turísticos distintos do aloxamento de persoas, a recuperación de elementos de interese etnográfico ou da arquitectura tradicional, a e actuacións de mellora de sinalización e accesibilidade dos recursos turísticos.

 O importe máximo da subvención que se vai aboar será do 100 % do orzamento do investimento subvencionable, co límite máximo de 30.000 €, sendo o mesmo importe que o establecido na convocatoria do ano 2022. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir de maña

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/02/2023