O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou esta mañá o centro de atención social continuada ‘Vieiro’
A Xunta achega máis de 735.000 euros a Cáritas Santiago para os seus programas de inclusión
Salienta a importante labor que realiza esta entidade a través dos seus servizos en dis-tintas localidades de toda a xeografía galega
O director xeral Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou esta mañá o centro Vieiro que Cáritas Diocesana de Santiago ten na capital galega para a atención de persoas sen fogar. Durante este encontro destacou o apoio do Goberno galego a esta entidade á que destina máis de 735.000 euros a través da orde de axudas a entidades de iniciativa social e a través da orde con cargo ao 0,7% do IRPF.
Arturo Parrado destacou o importante labor que realiza Cáritas a través dos seus servizos en distintas localidades de toda a xeografía galega. Por este motivo, lembrou que a Xunta seguirá apoiando as súas iniciativa con máis axudas e o orzamento necesario para realizar os seus programas de acollida —como este centro Vieiro—, de promoción sociolaboral e de atención de necesidades básicas.
Ademais, o director xeral aproveitou a ocasión para manter unha reunión co equipo encargado do equipamento, que lle detallaron os servizos que se prestan e os diferentes itinerarios que se poñen en marcha para os usuarios.