A Xunta destaca na Pobra de Trives o papel que teñen as axudas da PAC para contribuír ao futuro do agro galego

A Pobra de Trives (Ourense), 16 de febreiro de 2023 O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, presidiu hoxe no concello da Pobra de Trives unha xornada informativa sobre o importante papel que teñen as subvencións da Política Agraria Común (PAC) para contribuír ao futuro do agro galego.

Neste senso, o director xeral destacou que estas axudas benefician anualmente en Galicia uns 25.000 agricultores e gandeiros, buscando reducir as diferenzas entre a renda agraria e a urbana, á vez que se potencian os agricultores realmente activos e prácticas agrícolas beneficiosas para o clima e o medio ambiente. Así, lembrou que na convocatoria de 2022, cuxo orzamento total destas achegas foi duns 210 millóns de euros, a Xunta volveu habilitar a posibilidade de solicitar anticipos destas achegas, con custo cero para eles grazas á subvención dos xuros.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 16/02/2023