A Secretaría Xeral da Emigración e Casa de Galicia presentan o libro “Arrieiros somos” de Rubén Riós en Madrid

Madrid, 15 de febreiro de 2023.

 O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o director da Casa de Galicia en Madrid, Juan Serrano, presentaron esta tarde na capital de España, o libro “Arrieiros Somos” do xornalista e actor Rubén Riós, inspirado nas vidas dos protagonistas da súa web homónima.

 

O secretario xeral destacou a importancia de darlle voz “aos nosos maiores, en especial, a aqueles que viven no rural e que son a base da nosa sociedade”. O libro está composto por unha recompilación das testemuñas de diversos residentes nas aldeas do Camiño da Prata, coas que, segundo apuntou o autor, búscase transmitir anos de sabedoría e de experiencia e presentar as realidades do rural, como o orgullo de ser galego, o emprendemento empresarial, pero tamén a soidade ou o medo que xerou na poboación máis maior a pandemia da Covid-19.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 15/02/2023