A Xunta colabora coa XXXII Festa da Androlla de Navia de Suarna, que se celebra o domingo

Lugo, 15 de febreiro de 2023 O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, e o alcalde de Navia de Suarna, José Fernández, presentaron hoxe na sede da Administración autonómica en Lugo a Festa da Androlla, que chega o vindeiro domingo á súa 32ª edición.

Arias afirmou que a Xunta colabora cos gastos da feira, que exalta un dos produtos máis típicos da zona. Subliñou que este tipo de certames “certifican a calidade e variedade da gastronomía da provincia de Lugo” e constitúen “unha excelente ocasión para visitar a montaña lucense e desfrutar tamén dos seus grandes atractivos naturais e paisaxísticos”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 15/02/2023