A delegada territorial Martina Aneiros destaca a repercusión divulgativa da xornada de orientación organizada polo CIFP Leixa no auditorio de Ferrol

Ferrol, 15 de febreiro de 2023 A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu esta mañá á Xornada de orientación Ferrol e Comarca que o CIFP Leixa organizou no Auditorio municipal e no conservatorio de Música Xan Viaño coa fin da dar conta da oferta educativa de grao superior e medio que se ofrece na Comunidade galega.

Preto de 30 entidades entre centros integrados de Formación Profesional, as tres universidades galegas, IES e escolas profesionais tomaron parte na cita mostrando en relatorios e stands informativos as súas propostas educativas.

A delegada territorial destacou o “éxito” da xornada que reuniu ao longo da mañá a case dous milleiros de alumnos procedentes de distintos centros educativos da comarca e destacou a “repercusión divulgativa que este tipo de xornadas teñen para os mozos e mozas á hora de dirixir a súa carreira profesional ante as múltiples posibilidades educativas que hoxe en día ofrece Galicia”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 15/02/2023