A Xunta salienta a importancia da colaboración con Cruz Vermella no ámbito da inclusión social

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2023.-

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, analizou hoxe con responsables de Cruz Vermella Galicia as liñas de colaboración que se manteñen abertas con esta entidade no ámbito da inclusión. Arturo Parrado destacou a importancia do traballo que realiza Cruz Vermella na atención ás persoas en situación ou risco de exclusión social.

 

Así, entre outras iniciativas que a Xunta desenvolve en colaboración coa Cruz Vermella destaca o programa de acompañamento e apoio ás persoas sen teito ou en situación de vulnerabilidade extrema, así como aqueles dirixidos a atender as necesidades básicas dos fogares ou das persoas migrantes.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/02/2023