Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello coruñés de Carnota, parroquia de Lariño

Segundo as últimas medicións, o lume afectou 124,24 hectáreas, das cales 102,6 foron de monte raso e as 21,64 restantes de arborado

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2023 A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés de Carnota, parroquia de Lariño, quedou extinguido ás 10,03 h. de hoxe.

 

O lume orixinouse ás 15,07 h. do domingo, a causa dun vehículo que comezou a arder na estrada e logo pasou a terreo forestal. Segundo as últimas medicións, afectou unha superficie de 124,24 hectáreas, das cales 102,6 foron de monte raso e as 21,64 restantes de arborado. Para o seu control mobilizáronse en total 2 técnicos, 13 axentes, 20 brigadas, 13 motobombas, 2 pas e 1 helicóptero.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Data de actualización: 14/02/2023