A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, participou nunha andaina esta mañá na cidade herculina acompañada do delegado territorial do Goberno galego, Gonzalo Trenor

A Xunta destina 160.000 € a Enki, da Fundación Abrente, para axudarlles na posta en marcha de actividades de deporte adaptado

Esta achega permítelles adquirir equipamento para os adestramentos e para a organiza-ción das súas tradicionais carreiras, que cada ano atraen a máis xente

A Coruña, 13 de febreiro de 2023

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, puxo en valor hoxe que a Xunta de Galicia destina 160.000 euros a Enki, da Fundación Abrente, para axudarlles na posta en marcha de actividades de deporte adaptado. Fíxoo esta mañá na andaina que organizou a entidade pola cidade herculina e na que estivo acompañada do delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Gonzalo Trenor.

 

Fabiola García salientou que o Goberno galego apoia programas concretos que favorecen a calidade de vida das persoas con discapacidade e a súas familias. Neste sentido, explicou que esta entidade é unha das beneficiadas da última convocatoria de axudas con cargo ao 0,7% do IRPF.

 

Ademais, destacou que a Xunta de Galicia incrementou a axuda a Enki nun 15% este ano para que poida adquirir equipamento, realizar adestramentos adaptados e organizar as súas tradicionais carreiras, que cada ano atraen a máis xente.

 

Así mesmo, a conselleira de Política Social e Xuventude subliñou o compromiso da Administración autonómica coas persoas con discapacidade. O Goberno galego está ao carón das entidades sociais por ser as que mellor coñecen e atenden as necesidades das persoas con discapacidade. En concreto, ofrécense axudas para remodelar ou ampliar instalacións; crear máis prazas públicas de atención; para a actualización salarial dos seus profesionais cunha axuda específica de 3,4 millóns de euros; e para a adquisición de vehículos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 13/02/2023