A directora xeral de FP destaca o certame de baristas de Foz como un encontro de referencia da FP de Hostalaría do noroeste de España

Foz (Lugo), 9 de febreiro de 2023 A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, participou este mediodía na entrega de premios do XV Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalaría que organiza o instituto IES de Foz, un encontro que destacou como un referente da FP de Hostalaría do noroeste de España. Non en balde, nas diferentes competicións participan centros tanto galegos como de Asturias, País Vasco, Castela e León e Madrid.

O evento conta co apoio da Xunta de Galicia e coa participación ao completo dos oito centros que conforman a Rede Galega de FP de Hostalaría. Xunto co devandito certame, tamén se desenvolven no centro focense desde o mércores o X Campionato Internacional de Cata de cafés de Escolas de Hostalaría, o III Campionato Internacional de Catas de cafés de Profesionais e o IX Campionato Internacional de Baristas Profesionais.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/02/2023