A Xunta pon en valor a IXP Mel de Galicia no acto de presentación da peza audiovisual dirixida por Oliver Laxe para enxalzar este produto de calidade

 Boqueixón (A Coruña), 9 de febreiro de 2023 O director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, asistiu á presentación da peza audiovisual da indicación xeográfica protexida (IXP) Mel de Galicia dirixida polo cineasta galego Oliver Laxe e protagonizada pola gañadora dun Goya a mellor actriz revelación Benedicta Sánchez. A presentación tivo lugar no Pazo de Quián, no concello de Boqueixón.

 

Trátase dunha peza enmarcada nas axudas para o apoio ás actividades de información e promoción realizadas por grupos de produtores no mercado interior do Programa de desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020. Deste xeito, búscase poñer en valor a IXP Mel de Galicia, un produto que compite a nivel internacional pola súa calidade.

 
 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/02/2023