A Xunta aposta pola transformación dixital e a colaboración con Trigal para optimizar procesos de xestión e atención ao cliente

A delegada da Xunta en Vigo visitou as instalacións da empresa viguesa e coñeceu de primeira man o proxecto para mellorar os procesos internos na compañía

Vigo, 8 de febreiro de 2023

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitou este mércores as instalacións da empresa Trigal para coñecer de primeira man o novo proxecto que conta co apoio do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para a transformación dixital do sector.

Os responsables da compañía viguesa de hostalería explicaron á representante autonómica a iniciativa que xa está en marcha para continuar coas melloras en canto desenvolvemento, sistema produtivo e atención ao cliente.

Así, a empresa implantará un novo software (ERP) con conexión a balanzas táctiles PC e caixóns intelixentes de última xeración. Fernández-Tapias destacou que ditas melloras optimizan os procesos de xestión e atención ao cliente e procesos internos da compañía.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/02/2023