A Xunta salienta a importancia das redes sociais en darlle visibilidade ás ofertas turísticas

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na presentación do estudo Percepcións e espiritualidade no Camiño de Santiago: unha análise baseada nas enquisas e redes sociais

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2023 

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, salientou hoxe a a importancia que actualmente teñen as redes sociais na visibilización das ofertas turísticas, especialmente para a poboación moza, no acto de de presentación do estudio Percepcións e espiritualidade no Camiño de Santiago: unha análise baseada nas enquisas e redes sociais.

Neste senso, Nava Castro, destacou o traballo levado a cabo dende o Goberno galego para promocionar o Ano Santo 2021-22, con campañas como Instagramers no Camiño, que permitiu achegar a celebración do Xacobeo a públicos de moi diferentes tipos, descubríndolles que o Camiño é unha experiencia que se pode facer durante todo o ano e que hai moitos itinerarios para percorrer e seguir descubrindo Galicia

Data de actualización: 07/02/2023