A Xunta abre unha nova orde de axudas para que os concellos rehabiliten ou melloren os equipamentos dos seus Centros de Información á Muller

Esta convocatoria estará aberta ata o 27 de febreiro, conta cun orzamento de máis de 734.000 euros e a contía máxima que se pode percibir é de 16.640 euros


Trenor destacou o importante papel que xogan estes centros para apoiar ás mulleres en todos os ámbitos e moi especialmente a aquelas que sofren violencia de xénero
 

A Coruña, 7 de febreiro de 2023 O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou esta mañá o centro de información á muller da Coruña (CIM), para informar que a Xunta ten aberta ata o 27 febreiro unha orde de axudas, dirixidas aos Concellos, para rehabilitación e mellora dos centros CIM.

 

Trenor informou que serán subvencionables as actuacións de rehabilitación, entendendo por tales as obras encamiñadas á mellora da conservación, da eficiencia enerxética, da accesibilidade e da mellora da habitabilidade dos edificios dos CIM. B

 

Ademais, tamén se poden solicitar estas axudas para a adquisición de equipamento informático (ordenadores, monitores, impresoras e similares), de equipamento de oficina (fotocopiadoras e similares) ou de mobiliario (mesas, cadeiras e similares).

 

Esta orde conta cun orzamento de 734.628 euros e a contía máxima que pode percibir cada entidade como máximo é de 16.640 euros.

 

Trenor destcou papel crave que desenvolven estas entidades de apoio de todo tipo ás mulleres que o necesitan. O CIM non só avalía cada caso de forma específica e individualizada, senón que fai un seguimento exhaustivo e alerta ás forzas de seguridade no caso de que perciba un posible caso de violencia de xénero. Os CIM funcionan, ademais, como axentes dinamizadores da igualdade entre homes e mulleres no eido local.

 

O representante do Goberno galego lembrou que estes centros contan todos os anos tamén con axudas directas da Xunta para garantir o seu funcionamento, concretamente, no 2022, O Goberno galego, destinou a este programa máis de 221.000 euros apoiar a rede de centros de información ás mulleres integrada actualmente, na comarca da Coruña, por cinco centros que dan cobertura a 11 concellos situados na Coruña, Coirós, Culleredo, Arteixo e Curtis. O Goberno galego apoia o financiamento dos postos de traballo dos CIM e dos axentes de igualdade ou de fomento do traballo en rede e de dinamización do territorio con enfoque de xénero.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 07/02/2023