O delegado da Xunta visitou o servizo de atención temperá do Concello de Ordes

Trenor informa que a comarca de Santiago contará con seis unidades de atención temperá co apoio da Xunta

Esta orde reserva para estes seis centros máis de 1,4 millóns euros e terá carácter plurianual para darlle aos concellos máis facilidades para a súa posta en marcha

Ordes (A Coruña), 3 de febreiro de 2023 

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor visitou a unidade de atención temperá do Concello de Ordes para informar da resolución das axudas do Goberno galego para a creación destes servizos por parte das entidades locais. Con esta nova orde atenderase a máis de 5.000 nenos de toda Galicia que presenten problemas de desenvolvemento.

 

O representante do Goberno galego informou que a comarca de Santiago continuará con seis unidades. Estes centros contarán cunha axuda que comprende a actividade dos anos 2022-2023-2024 de máis de 1,4 millóns de euros para garantir o seu funcionamento.

 

Trenor puxo en valor a importante aposta durante os últimos anos por estes servizos de atención. Neste sentido, concretou que no ano 2009 existían dúas unidades na nosa Comunidade que daban atención a 15 concellos galegos, mentres que na actualidade son xa máis de 40 os centros que dan servizo a máis de 200 municipios. “É dicir, cada vez máis familias contan con este servizo ao carón das súas casas, o que fomenta a igualdade de oportunidades con respecto ás familias que viven nas cidades” afirmou.

 

O representante do Goberno galego apuntou que “este recurso permite actuar ante posibles problemas no desenvolvemento de nenos de ata 6 anos de idade”. Como novidade, esta convocatoria —dotada con 12 millóns de euros— será de carácter plurianual, o que permitirá darlle aos concellos máis facilidades para a súa posta en marcha, ao garantir a seguridade financeira e reducir o papelame para solicitar as axudas.

 
 
 
 
 
 
 
 
COMARCA SANTIAGO
 
ENTIDADE
PROFESIONAIS
2022
2023
2024
 IMPORTE TOTAL
MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS DA COMARCA DE ORDES
6
 29.191,75 €
 133.294,66 €
 159.953,59 €
 322.440,00 €

AGRUPACIÓN DE NEGREIRA E VAL DO DUBRA

4
 26.767,23 €
 134.396,71 €
 161.276,06 €
 322.440,00 €

AGRUPACIÓN DOS CONCELLOS DE CURTIS, SOBRADO,ARANGA, BOIMORTO E COIRÓS

3
 20.537,66 €
 102.688,30 €
 123.225,96 €
 246.451,92 €
AGRUPACIÓN DE SANTA COMBA E A BAÑA
4
           11.787,10 €
           58.935,48 €
             70.722,57 €

        141.445,15 €

AGRUPACIÓN DE TEO E AMES
4
           19.766,24 €

         115.396,45 €

           138.475,74 €

        273.638,43 €

AGRUPACIÓN DOS CONCELLOS DE TOQUES, MELIDE, ARZÚA, SANTISO E VILASANTAR

2
       13.434,63 €
        67.173,17 €
          80.607,80 €
    161.215,60 €
TOTAL
23

         121.484,61 €

         611.884,77 €

           734.261,72 €

     1.467.631,10 €

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/02/2023