O BOE publica a declaración de Festa de Interese Turístico Internacional á Festa da lamprea de Arbo

Esta celebración era festa de interese turístico nacional desde o ano 2016

O informe remitido por Turismo de Galicia ao Ministerio recollía que o evento cumpre os requisitos preceptivos para a valoración positiva da Secretaría de Estado de Turismo, organismo competente para formalizar esta distinción

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2023 A directora xeral de Turismo, Nava Castro, felicitou ao concello de Arbo e amosou a súa satisfacción logo de que o Boletín Oficial do Estado publicase hoxe a resolución pola que se concede o título de festa de interese turístico internacional á Festa da lamprea de Arbo.

 

Segundo a documentación aportada polo concello de Arbo, como entidade promotora da solicitude, Turismo de Galicia remitiu á Secretaria de Estado de Turismo, o expediente administrativo co informe favorable para a declaración desta festa co distintivo de interese internacional.

 

Este informe recolle que, de acordo coa documentación presentada pola entidade promotora, o evento cumpre os requisitos preceptivos para que sexa valorada pola Secretaría de Estado de Turismo, organismo competente para formalizar esta distinción.

Data de actualización: 02/02/2023