A Xunta traslada a ASEMACO e FEDERGAL as oportunidades que ofrecen as axudas de rehabilitación enerxética para vivendas

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2023 A Xunta de Galicia trasladou á Asociación de Empresarios de Materiais para a Construción (ASEMACO) e á Federación de Asociacións de Empresas da Reforma e Rehabilitación de Galicia (FEDERGAL) as oportunidades que ofrecen as axudas de rehabilitación enerxética para vivendas.

 

O director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García, reuniuse co secretario xeral de ASEMACO e vogal de FEDERGAL, Rubén Mera, para abordar a próxima convocatoria destas axudas para a rehabilitación en materia de eficiencia enerxética para vivendas e edificios residenciais, cuxa publicación no Diario Oficial de Galicia está prevista para o vindeiro mes de marzo.

 

Cómpre lembrar que na convocatoria de 2022 concedéronse axudas para 3.333 vivendas por importe de preto de 23,76 millóns de euros.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 30/01/2023