A delegada territorial, Martina Aneiros, informou do balance da campaña durante unha visita a un dos establecementos adheridos

O Bono Activa Comercio da Xunta permitiu mobilizar preto de 930.000 euros nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal

Máis da metade do capital mobilizado na área, concretamente 525.000 euros, correspóndense coa cidade de Ferrol, na que 126 negocios se sumaron a esta iniciativa e o importe de bonos trocados ascendeu a máis de 96.000 euros

Aneiros ratificou o compromiso do Goberno galego co sector e deu por cumpridos os obxectivos da convocatoria: dinamizar as vendas e axudar á economía das familias, aliviando o impacto da inflación

Ferrol, 24 de xaneiro de 2023

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, ratificou hoxe o compromiso da Xunta co sector do comercio durante unha visita á Perfumería Ana, un dos establecementos adheridos á última edición da campaña do Bono Activa Comercio que mobilizou de preto de 930.000 euros nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.

Aneiros deu conta do éxito da iniciativa que se desenvolveu no último trimestre do ano pasado e á que se sumaron 344 negocios da zona. O importe dos bonos trocados ascendeu a 174.000 euros. “En concreto, no caso de Ferrol foron 126 os establecementos que participaron nesta segunda edición do Bono Activa Comercio que permitiu mobilizar máis de 525.000 euros, dos que 96.425 euros foron achegados pola Xunta de Galicia a través dos mencionados bonos”, explicou.

A representante do Goberno galego deu por cumprido o obxectivo da convocatoria “de contribuír a reactivar o sector e dinamizar as vendas e pola outra axudar á economía das familias”, indicou Aneiros.

O Bono Activa Comercio, impulsado pola Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, puxo a disposición dos consumidores bonos de 30 euros a consumir por tramos de desconto entre o 24 de outubro e o 31 de decembro.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 24/01/2023