Galicia rexistra un total de 786 casos activos por coronavirus

Un total de 688.354 pacientes xa están curados

A día de hoxe hai 647 pacientes en seguimento nos seus domicilios

O Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web coronavirus.sergas.gal, na que se pode consultar a información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2023 A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 786, deles 152 son da área da Coruña, 107 da de Lugo, 86 da de Ourense, 82 da de Pontevedra, 147 da área de Vigo, 139 da de Santiago e 72 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 10 están en UCI, 129 en unidades de hospitalización e 647 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 688.354 persoas curadas, rexistrándose 4.055 falecementos. 

Os últimos falecementos rexistrados por coronavirus foron:

20 de xaneiro

Home de 77 anos, na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

21 de xaneiro

Muller de 99 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.

22 de xaneiro

Muller de 86 anos, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Home de 89 anos, na área sanitaria de Ferrol.

23 de xaneiro

Home de 92 anos, na área sanitaria de Vigo.

Home de 54 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.

As persoas falecidas tiñan patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 4.038.026.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 7.562.233.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade permanece en alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e 881 54 00 45 para información covid

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía debe empregar o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número 881 54 00 45 naqueles casos que presenten síntomas leves de coronavirus, ou ben para resolver dúbidas relativas a covid-19. Ademais, o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Declaración responsable de autotest positivo e uso das máscaras

As persoas que obteñan un resultado positivo tras a realización dun autotest poderán comunicalo ao Servizo Galego de Saúde. Así, terán a súa disposición dúas modalidades para poder facelo dun xeito sinxelo. En primeiro lugar, a través da aplicación SergasMóbil, ou ben, chamando ao número de teléfono 881 540 045.

Así mesmo, lémbrase o carácter obrigatorio do uso da máscara en determinados espazos interiores, como son os centros, servizos e establecementos sanitarios; os centros sociosanitarios e o transporte público e de viaxeiros.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe.

Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 24/01/2023