A Casa de Galicia en Madrid acolle a presentación da páxina web “Experiencias en Ribadeo”

Madrid, 23 de xaneiro de 2023

O director da Casa de Galicia, Juan Serrano, deu a benvida a máis dun centenar de asistentes entre institucións, xente da cultura, operadores turísticos e demais invitados ao evento de presentación de Experiencias en Ribadeo.

Trátase dunha páxina web dedicada á comarca da Mariña, que dá a coñecer as actividades que se ofrecen no municipio que vai desde dar un paseo en barco pola ría de Ribadeo ata montar a cabalo, pasando por perderse dentro dun labirinto ou durmir en faro Illa Pancha. Todo iso e moito máis agrúpase na plataforma para que todas as empresas que ofrecen actividades e experiencias teñan un escaparate e os usuarios poidan acceder a todas ela nun só clic.

No acto de presentación de “Experiencias en Ribadeo” a gastronomía tivo una representación especial grazas á degustación de produtos agro alimentarios e pesqueiros da Mariña, cun completo menú conformado por croquetas de marisco (de Croquetina); embutidos de porco de Ou Mazo; empanada de bonito de Panadaría Torviso; cazoliña de fabas de Lourenzá de Terras da Mariña con polbo de Piñeira; espetada de pescada de Burela do petisco de calidade á galega sobre puré de patacas; arroz negro con luras da ría de Ribadeo, e torta de queixo do Restaurante Náutico. A adega que acompañou ao menú foi o viño albariño Ézaro de Castelo San Damián e vermú Arnao, tamén da firma ribadense Discosta.

A plataforma “Experiencias en Ribadeo” é una ferramenta dinámica, que continúa incorporando propostas de diferentes empresas, renovando a súa oferta e alternativas paira os turistas e locais, situándose como un instrumento imprescindible paira gozar dunha estancia plena e inesquecible en Ribadeo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 23/01/2023