A XXII edición do Arde Lucus preséntase na Casa de Galicia

Madrid, 21 de xaneiro de 2023.-

O director da Casa de Galicia en Madrid, Juan Serrano, deu a benvida á alcaldesa de Lugo, Lara Méndez que presentou na tarde do pasado venres a festa romano castrexa.

 

Despois de ser declarada no 2011 Festa de Interese Turístico de Galicia, e no 2017 conseguir o recoñecemento de Festa e Interese Turístico Nacional, o Concello presentou ao Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, o pasado novembro, a candidatura para obter o galardón internacional.

 

A alcaldesa realizou una invitación pública «para descubrir a cidade de Lugo e os seus atractivos turísticos, como os tres Patrimonios da Humanidade, a nosa afamada gastronomía ou o seu rico patrimonio histórico, cultural e natural co que contamos, aproveitando a celebración do Arde Lucus, unha festa que xa é referente nacional, pola implicación de toda a cidade, e especialmente das 19 asociacións de recreación histórica que participan nos festexos».

 

Durante a presentación na Casa de Galicia mostrouse o vídeo promocional da vixésimo segunda edición do Arde Lucus, que causou sensación ao medio centenar de persoas que asistiron á presentación.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/01/2023