O Camiño de Santiago, premiado nos Travellers Awards 2023 de Periodista Digital

Madrid, 17 de xaneiro de 2023

O director da Casa de Galicia en Madrid, Juan Serrano, asistiu á celebración da III edición dos Premios Travellers Awards 2023 para recibir o premio de turismo, xunto a Madrid e a Milla de Ouro do Viño (Valladolid).

No marco da Semana de FITUR, a Feira Internacional de Turismo de Madrid, Periodista Digital celebrou a terceira edición dos seus premios de turismo. A gala congregou este 16 de xaneiro, no Centro Rioxano de Madrid, a personalidades do mundo da cultura, política nacional e do turismo internacional.
 

Serrano fixo fincapé na súa intervención á especial relevancia que tivo o Camiño de Santiago, premiado ao longo do pasado ano en distintos ámbitos, o que pon de manifesto una vez máis a magnitude da conmemoración desta celebración a través da internacionalidade das diferetes rutas xacobeas, así como a difusión da oferta xeral de Galicia ao redor do Ano Santo.

Juan Serrano aproveitou a ocasión para pór en valor un modelo de turismo do que o Goberno galego ao longo destes anos ocupáronse de potenciar e pór no mapa a nivel internacional dando oportunidades non só a cidades, como Santiago de Compostela, senón tamén, a pequenos pobos que fixeron do Camiño de Santiago a súa forma de vida, e sendo motor económico e turístico de moitas comarcas.
 
 
 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/01/2023