A Xunta concede preto de 215.000 € ao Concello de Sober para a creación dunha escola infantil de 40 prazas

Esta axuda permitirá ampliar en 20 prazas o actual Punto de Atención á Infancia de Sober e transformalo así nunha escola infantil

Financiase mediante a orde para a creación de prazas de titularidade municipal que beneficia a unha vintena de concellos e que creará máis de 450 novas prazas

Estas prazas serán gratuítas para todos os pais gracias a aplicación da gratuidade das escolas infantís aplicada pola Xunta

Sober (Lugo), 13 de xaneiro de 2023 A Xunta de Galicia concedeu unha axuda de 215.000 euros ao Concello de Sober para a creación dunha escola infantil municipal de 40 prazas. A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitou hoxe o centro cuxa atención educativa xa é gratuíta para todos os pais gracias ao financiamento do Goberno galego a todos os centros da Comunidade.

A conselleira concretou que esta actuación suporá ampliar en 20 prazas o actual Punto de Atención á Infancia (PAI) de Sober e incrementar a súa capacidade para convertelo nunha escola infantil. Esta axuda procede da orde para a creación de prazas de titularidade municipal que beneficia a unha vintena de concellos e permitirá crear máis de 450 novas prazas de atención 0-3 anos.

Fabiola García sinalou que Galicia se ten convertido nunha referencia a nivel nacional na conciliación das familias gracias a medidas como a gratuidade de todas as escolas infantís; a creación de 95 casas niño para levar a conciliación a concellos onde non existían estes servizos; e tamén mediante o Bono Coidado, que ofrece axudas para a contratación dun apoio extraordinario de conciliación.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 13/01/2023