A Xunta pon en valor en Bande diversas liñas de axuda para as explotacións agropecuarias galegas

Bande (Ourense), 12 de xaneiro de 2023

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, presidiu hoxe en Bande unha xornada informativa sobre diversas liñas de axuda da Consellería do Medio Rural para as explotacións agropecuarias. Así, referiuse a achegas de relevancia como as destinadas a plans de mellora nas explotacións agrarias, á creación de empresas por parte de agricultores mozos e ao desenvolvemento de pequenas explotacións, que contarán cun orzamento global de 38,8 millóns de euros na convocatoria deste ano, segundo destacou.

Así mesmo, tamén se analizou o importante papel que teñen as subvencións da Política Agraria Común (PAC) para contribuír ao futuro do agro galego. Neste senso, Balseiros lembrou que a Xunta volveu habilitar a posibilidade de adiantar no verán pasado aos agricultores e gandeiros galegos uns 200 millóns de euros das achegas da PAC, con custo cero para eles grazas á subvención dos xuros.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 12/01/2023