A Xunta concede 62.000 euros ao Concello de Outes para a creación dunha escola infantil municipal de 30 prazas

Esta axuda permitirá ampliar en 10 prazas o actual Punto de Atención á Infancia de Outes e transformalo así nunha escola infantil

Financiase mediante a orde para a creación de prazas de titularidade municipal que beneficia a unha vintena de concellos e que creará máis de 450 novas prazas

Estas prazas serán gratuítas para todos os pais gracias a aplicación da gratuidade das escolas infantís aplicada pola Xunta
 

Outes (A Coruña), 11 de xaneiro de 2023

A Xunta de Galicia concedeu unha axuda de 62.000 euros ao Concello de Outes para a creación dunha escola infantil municipal de 30 prazas. A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitou hoxe as novas instalacións que se situarán no edificio do antigo CEIP Emilio de Navasqües e cuxa atención educativa será gratuíta para todos os pais gracias ao financiamento do Goberno galego a todos os centros da Comunidade.

A conselleira concretou que esta actuación suporá ampliar en 10 prazas o actual Punto de Atención á Infancia (PAI) de Outes que se converte así nunha escola infantil. Esta axuda procede da orde para a creación de prazas de titularidade municipal que beneficia a unha vintena de concellos e permitirá crear máis de 450 novas prazas de atención 0-3 anos.

Fabiola García sinalou que Galicia se ten convertido nunha referencia a nivel nacional na conciliación das familias gracias a medidas como a gratuidade de todas as escolas infantís; a creación de 95 casas niño para levar a conciliación a concellos onde non existían estes servizos; e tamén mediante o Bono Coidado, que ofrece axudas para a contratación dun apoio extraordinario de conciliación.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 11/01/2023