O delegado territorial da Xunta en Ourense visitou a súa sede social

Gabriel Alén destaca o labor da asociación María Andrea de Ourense a prol da defensa dos dereitos das mulleres viúvas e dos seus fillos

O delegado territorial subliñou, a importancia de brindar a este grupo de mulleres orientación e atención psicosocial para asegurar a súa integracións social e, no caso das máis novas, acompañalas mediante a orientación laboral e outras actuación que favorezan a súa empregabilidade

A asociación, co patrocíneo da Xunta, desenvolve o programa Apoiando na Soidade, ao que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade destinou en 2021 24.115 euros; máis de 93.000 desde 2016

A Asociación Viúvas María Andrea resultou beneficiaria tamén desde 2016 cerca de 40.000 euros da liña destinada ao fomento do asociacionismo e a participación das mulleres

Ourense, 11 de xaneiro de 2023

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou esta mañá a sede da Asociación de Viúvas María Andrea de Ourense, onde, despois de percorrer as súas instalación, mantivo un encontro coa súa presidenta, María Elena Paz.

A entidade desenvolve co apoio da Xunta desde hai seis anos o programa Apoiando na Soidade dirixido a mulleres maiores ou viúvas con escasos recursos e/ou problemas de saúde ou cargas familiares non compartidas.

O delegado territorial puxo en valor este programa da asociación ourensá que brinda atención social, laboral e apoio en xeral a mulleres en risco de exclusión social, en especial as de maior idade, viúvas con escasos recursos, con problemas de saúde e/ou con responsabilidades familiares non compartidas.

Gabriel Alén subliñou, a importancia de brindar a este grupo de mulleres orientación e atención psicosocial para asegurar a súa integracións social e, no caso das máis novas, acompañalas mediante a orientación laboral e outras actuación que favorezan a súa empregabilidade.

No caso das mulleres maiores, promocionar a autonomía das que viven soas resulta fundamental, a xuízo de Gabriel Alén, para previr perdas de funcións psicomotrices ou cerebrais e prestar o apoio necesario en situacións de dependencia. Non menos importante é para a secretaria xeral, o apoio emocional e de socialización que precisan as mulleres en especial risco de exclusión.

O programa recibiu en 2021 24.115 euros (máis de 93.000 desde 2016) de apoio da Xunta, o que permitiu chegar a 28 mulleres, 15 delas mediante atención continuada no tempo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 11/01/2023