Fernández-Tapias recibe os novos presidentes das asociacións Cogama e Asogapem de persoas maiores

Vigo, 9de xaneiro de 2023

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, mantivo este luns unha xuntanza cos novos presidentes da Asociación de Persoas Maiores, Xubilados e Pensionistas (Asogapem), Julián Romero, e da Confederación Galega de Organizacións de Maiores en Vigo (Cogama), José Manuel Villamarín. A representante autonómica tamén recibiu ao expresidente e a partir de agora presidente de honra de Asogapem, Luis Piñeiro.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/01/2023