A Xunta apoia o ciclo Festa dos mundos 2022, que traerá a Galicia cinco artistas de proxección internacional
O Ciclo musical foi deseñado para fixar unha ponte entre a celebración do Xacobeo 21·22 e o próximo ano Xacobeo
O programa inclúe artistas procedentes de España, Portugal, A Arxentina, Os Estados Unidos e Ucraína, como mostra de solidariedade
A Xunta de Galicia apoia o ciclo Festa dos mundos 2022 'Suseia et Ultreia. Todos os pobos, linguas e tribos', un proxecto enfocado á celebración da diversidade cultural a través da música, nun ciclo que pon o acento no recoñecemento a aqueles viaxeiros, peregrinos e turistas que acudiron a Santiago de Compostela nestes dous anos de celebración.
E, como mostra de solidariedade, actuará tamén unha banda ucraína que representa a un país ao que dende Galicia e co espírito Xacobeo quérese amosar solidariedade.