A Xunta apoia o ciclo Festa dos mundos 2022, que traerá a Galicia cinco artistas de proxección internacional

O Ciclo musical foi deseñado para fixar unha ponte entre a celebración do Xacobeo 21·22 e o próximo ano Xacobeo
 

O programa inclúe artistas procedentes de España, Portugal, A Arxentina, Os Estados Unidos e Ucraína, como mostra de solidariedade
 

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2023

  A Xunta de Galicia apoia o ciclo Festa dos mundos 2022 'Suseia et Ultreia. Todos os pobos, linguas e tribos',  un proxecto enfocado á celebración da diversidade cultural a través da música, nun ciclo que pon o acento no recoñecemento a aqueles viaxeiros, peregrinos e turistas que acudiron a Santiago de Compostela nestes dous anos de celebración.

A través deste ciclo quérese celebrar a diversidade como motor de creación, tolerancia e recoñecemento mutuo entre culturas dos Camiños de Santiago. Para elo, contan con catro artistas con gran proxección internacional procedentes de España, Portugal, A Arxentina, Os Estados Unidos, sendo os artistas dos tres primeiros territorios representantes dos países que máis visitantes achegaron a Galicia neste Xacobeo 21-22.

E, como mostra de solidariedade, actuará tamén unha banda ucraína que representa a un país ao que dende Galicia e co espírito Xacobeo quérese amosar solidariedade.

Os artistas que actuarán neste ciclo serán o español Amancio Prada, a portuguesa Ana Moura, a arxentina La Yegros, a estadounidense Leyla McCalla e a banda ucraína Dakhabrakha.
 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 04/01/2023