O presidente da Xunta visitou o mosteiro de Santa Cristina xunto co embaixador delegado permanente de España ante a Unesco, Miquel Iceta

Rueda defende a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial como unha proposta idónea, traballada e de consenso

Destaca a singular paisaxe de auga que caracteriza e identifica a esta zona

Salienta o rigor e traballo dunha candidatura na que colaboran administracións, entidades, axentes económicos e veciños da contorna

Parada de Sil (Ourense), 27 de outubro de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe que a Ribeira Sacra reúne todos os requisitos para ser declarada Patrimonio Mundial pola Unesco, un recoñecemento ao que opta como candidatura para o 2026.

Durante unha visita ao mosteiro de Santa Cristina de Parada de Sil xunto ao embaixador delegado permanente de España ante a Unesco, Miquel Iceta, e o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, o presidente galego resaltou a singular paisaxe de auga que conforma e identifica a Ribeira Sacra. 

Ademais fixo fincapé no traballo e rigor que hai detrás dunha candidatura de consenso na que colaboran man a man administracións -desde a Xunta ata 26 concellos das provincias de Lugo e Ourense-, entidades, axentes económicos e veciños da contorna.

Por último, Rueda agradeceu que expertos de diferentes eidos se reúnan estes días no Congreso Internacional Fontes que se celebra na Ribeira Sacra para avaliar o retos presentes e futuros desta zona e a súa candidatura a ser declarada Patrimonio Mundial.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/10/2024