Martina Aneiros participa na entrega de premios do XX Circuíto escolar ferrolán de carreiras populares e campo a través

Ferrol, 27 de outubro de 2024

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou esta mañá en Canido na entrega de premios da primeira xornada do XX Circuíto escolar ferrolán de carreiras populares e campo a través, incluída no programa Xogade. Na cita tomaron parte preto de 300 atletas pertencentes a clubs deportivos da comarca e centros educativos da cidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/10/2024