A Xunta pon en valor o fomento da vocación empresarial de AJE Ferrolterra durante a entrega dos IX Premios ‘Ferrolterra Emprende’

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, participou no acto que tivo lugar no teatro Jofre e no que se recoñeceu o traballo das novas e novos empresarios a través de proxectos innovadores ou iniciativas xa consolidadas

Ferrol, 25 de outubro de 2024

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou hoxe no teatro Jofre de Ferrol na gala de entrega dos IX Premios Ferrolterra Emprende, cos que AJE Ferrolterra segue fomentando a vocación empresarial e premiando o traballo das novas e novos empresarios a través de proxectos innovadores ou iniciativas xa consolidadas.

Durante a súa intervención, Aneiros destacou a colaboración coa Asociación de Jóvenes Empresarios de Ferrolterra á hora de impulsar o emprendemento e a xeración de emprego nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal e puxo en valor iniciativas como os Polos de emprendemento, no caso do de Ferrol, con máis de 370 proxectos atendidos desde a súa posta en funcionamento en 2022, ou as diferentes convocatorias de axudas como exemplos das políticas da Xunta a prol do fomento do emprendemento.

Tamén destacou que, de cara ao próximo ano, a Xunta facilitará e impulsará o traballo dos autónomos coa simplificación nunha única convocatoria das axudas específicas para este sector que estará dotada con 40 M€ para 2025 e que se complementará coas destinadas ao emprendemento neste colectivo ata superar os 60 millóns anuais.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/10/2024