A Xunta renova o seu apoio á ‘Cross Ponte Romana’, que se celebra en Lugo os días 2 e 3 de novembro

Lugo, 22 de outubro de 2024

A Xunta, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, renova o seu apoio á Cross Ponte Romana de Lugo, que chega á sétima edición a fin de semana do 2 e 3 de novembro. As competicións desenvolveranse nas inmediacións do Pazo de Feiras e Congresos.

O delegado territorial do Goberno galego, Javier Arias, participou hoxe na presentación desta cita deportiva, incluída no calendario oficial da Real Federación Española de Atletismo. A organización agarda contar cuns 1.200 inscritos nas distintas modalidades e categorías (sub10, sub12, sub14, sub16, sub18, sub20, sub23, máster e absoluta).

A programación comezará os sábado 2 a partir das 16,30 horas coas competicións de relevos mixtos. O domingo disputaranse as carreiras individuais e, como actividade paralela, haberá un circuíto popular. Arias destacou o nivel desta cita deportiva, consolidada como un dos mellores crosses do país e que reunirá en Lugo a grandes figuras do atletismo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 22/10/2024