O conselleiro de Deportes asiste á entrega de premios do Trofeo Xacobeo de Vela

Sanxenxo (Pontevedra), 5 de outubro de 2024

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou hoxe xunto co secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, na cea de entrega de premios do Trofeo Xacobeo aos campións de Europa na clase 6mR de vela, que se celebrou no Real Club Náutico, entidade organizadora do evento. O titular de Deportes felicitou os vencedores -o Bribón do rei Xoan Carlos I na categoría de clásicos e o finlandés Oiva de Henrik Andersin en Open- e destacou a importancia de que a comunidade galega acolla esta competición internacional para consolidarse como destino de deportes náuticos e, ao mesmo tempo, reforzar a marca Galicia e a súa promoción internacional. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 05/10/2024