A delegada territorial da Xunta en Ferrol participa na Sala Curuxeiras no showcooking dedicado á albacora

Ferrol, 4 de outubro de 2024

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu esta tarde na Sala Curuxeiras á xornada de exaltación da albacora organizada pola Confraría de Pescadores e Mariscadores de Ferrol.

Ademais da degustación de varias receitas elaboradas con albacora local, a actividade incluíu un showcooking a cargo do chef do Grupo Nove, Yayo Daporta.

Esta iniciativa está incluída no proxecto de promoción da Confraría de Pescadores e Mariscadores de Ferrol financiado a través da estratexia de desenvolvemento local participativo (EDLP) do GALP Golfo Ártabro Norte.

Imaxes relacionadas

Departamento:
C. do Mar
Data de actualización: 04/10/2024