A Xunta pon en valor o proxecto Malaikas, destinado a ofrecer apoio e atención a mulleres migrantes en situación de vulnerabilidade

O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, asistiu ao encontro anual organizado pola Fundación Juan Soñador

Allariz (Ourense), 5 de outubro de 2024

O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, participou hoxe na inauguración do Encontro Anual de Malaikas 2024, organizado pola Fundación Juan Soñador e que se celebra esta fin de semana no Albergue Allariz.

Malaikas é un proxecto de prevención da violencia de xénero e intervención con mulleres migrantes en situación de vulnerabilidade social e que se desenvolve grazas a colaboración da Consellería de Política Social e Igualdade e a Fundación Juan Soñador.

O Encontro Anual Malaikas xorde co obxectivo de ofrecer un espazo no que as mulleres participantes das distintas cidades (A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo) poidan coñecerse, convivan e continúen creando alianzas. Durante a fin de semana, realizarase obradoiros e actividades e as asistentes poderán compartir as súas experiencias persoais.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 05/10/2024