A Xunta apoia a investigación do TDAH con perspectiva de xénero que posibilite o diagnóstico precoz nas nenas e mulleres

A Coruña, 5 de outubro de 2024

A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, asistiu esta mañá ao acto de inauguración das II Xornadas ‘Mujer y TDAH’ que organizan as  fundacións María José Jove e a do Instituto Galego do TDAH e os Trastornos Asociados (Ingada). Este encontro busca analizar a incidencia do TDAH nas mulleres e as súas particularidades para posibilitar un diagnóstico precoz e un tratamento individualizado.

Durante o acto interviñeron diferentes expertas do sector da medicina como psicólogas e neuropsicólogas que explicaron as potencialidades das mulleres con trastorno de déficit de atención con hiperactividade (TDAH) e o Trastorno do Espectro Autista (TEA). Así mesmo, detallaron os diferentes recursos que adoptan as doentes para afrontalo e como o xestionan durante o seu día a día.

María Quintiana fixo fincapé na necesidade de realizar investigacións con perspectiva de xénero que teña presente a sintomatoloxía das nenas e mulleres e permitan axilizar o seu tratamento. Neste senso, a directora xeral de Promoción da Igualdade agradeceu o labor destas especialistas médicas que asesoran e acompañan a todas e todos os doentes na convivencia diaria con estas patoloxías.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 05/10/2024