A Xunta destaca o traballo a prol da igualdade que realiza a Federación de Mulleres Rurais de Ourense

Nigrán (Pontevedra), 5 de outubro de 2024

A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, asistiu esta tarde ao terceiro ‘Encontro de Mulleres: Mulleres Maiúsculas’. Este evento, organizado pola Federación de Mulleres do Rural de Ourense (Femuro), celebrase durante a fin de semana na Residencia de Tempo Libre da Xunta en Panxón.

O encontro permite que as mulleres que integran a federación poidan participar en obradoiros, roteiros, actividades e intercambiar experiencias. A directora xeral de Igualdade destacou o traballo que realiza día a día Femuro en favor da igualdade das mulleres rurais da provincia de Ourense.

Data de actualización: 05/10/2024